A hermenéutica designa a arte e a cencia da interpretación dos textos. Na súa orixe é un conxunto de técnicas de lectura e de desciframento que permiten captar o sentido auténtico e descartar as falsas interpretacións.
Frecuentemente, o enfoque hermenéutico da realidade ten o efecto, e incluso a finalidade, de relativizar o nexo centifico explicativo coa natureza. Considérase que ese nexo, que tende ao control, a dmoninación da natureza, corresponde cunha forma de relacionarse coa realidade e representala. A lectura centífico-técnica non sería nen a única nen a máis profunda, e consistiría un tipo de interpretación que non hai motivo para privilexiar.
A hermenéutica filosófica, exclusivamente simbolizante, ainda sendo laica, mantense moito máis perto da relixión que da utopía tecnocentífica. Ante a dinámica da reconstrución e da superación operatoria da finitude que esta utopía desplega, a hermenéutica filosófica adopta unha reacción espontánea de fobia ante a tecnocencia. Só ten fe no verbo e ambiciona restaurar a confianza na linguaxe alí onde, como no nihilismo contemporáneo, esa fe está profundamente en crise.
Heidegger e Gadamer, en prolongación da crítica da modernidade centifista que realizou a fenomenoloxía husserliana, reacciona contra o imperialismo metodolóxico e epistemolóxico da modernidade. A hermenéutica xa non se define como fundamento e método dun grupo de cencias (do home, do espíritu, do sentido, da cultura, …), é filosófica e irreductíbel á racionalidade das cencias modernas, que critica, cuestiona e pon en perspectiva. O sentido non é obxectivábel pois é un acontecemento que ten lugar con ocasión da práctica hermenéutica. É muito máis unha cuestión de sensibilidade, de gosto, intuición e imaxinación, que de método, obxectividade e progreso. A hermenéutica é máis poética que centífica.
A hermenéutica presenta unha resistencia filosófica á primacía das cencias e das técnicas, así como ás ideoloxías que éstas secretan. Encarna un aspecto non despreciábel da estratexia filosófica de crítica, asimilación e subordinación das prácticas tecnocentíficas. Un elemento capital desta estratexia consiste en desdeñar a realidade técnica da cencia contemporánea e identificala no esencial con teorías e discursos, con prácticas de simbolización, coa linguaxe.
A historia da hermenéutica só atópase directamente coa filosofía a partires do século XIX. A súa significación e o seu alcance son ante todo de orde espistemolóxico e metodolóxico: da hermenéutica espérase que sexa o único método apropiado das novas cencias do home. A hermenéutica entra en profunda discrepancia co saber centífico mediante a oposición do comprender-interpretar, que convén ás cencias humanas, á explicación, propia das cencias naturais.
A regra fundamental da hermenéutica consiste no recoñecemento dunha circularidade metódica: o círculo hermenéutico, que enuncia que a parte só é comprensíbel a partir do todo, e que éste debe comprenderse en función das partes. Un corolario desta actitude é o historicismo: para comprender unha expresión do espíritu, hai que situala no seu contexto histórico.
Nietzsche
O pensamento de Nietsche é fundamentalmente hermenéutico. Nietzsche fala de perspectivismo, onde na interpretación de todo o que sucede, non hai acontecemento en sí. O que ocorre é un grupo de fenómenos seleccionados e reunidos por un ser que interpreta. Non hai realidade en sí, nen verdade absoluta, nen sentido único e fundamental que esgote as significacións do ser. A elección da perspectiva depende de valores (intereses, fins), privilexiados polo suxeito que interpreta.
A descripción xenealóxica é unha forma de hermenéutica que consiste en explicar e en desenmascarar, en desmistificar mediante o desvelamento da historia do que se describe e da súa xénese. Nos campos onde Nietzsche practicou con máis intensidade a descripción xeneaxolóxica son os da moral relixiosa e a filosofía idealista.

Con referencia ao nihilismo, fundamentalmente unha reacción de fuga ante a vida real, concreta e sensíbel, Nietzsche dixo que se debía emprender un traballo crítico para pasar do nihilismo enmascarado ao nihilismo afirmativo. A denuncia do nihilismo tradicional e a superación do dualismo metafísicio e teolóxico levou a temas propios da filosofía de Nietzsche como son a vontade de poder, o etorno retorno do mesmo e o superhome.
O home de Nietzsche aparece como unha expresión e cristalización continxente da vontade de poder cósmico que o atravesa todo. Nietzsche invita o home a vivir a vontade de poder esencialmente como poeta e como hermeneuta.

Nietzsche propón o recoñecemento explícito da ausencia de fundamento como propio da existencia, a aceptación da «morte de Deus». No fondo está a concepción da natureza como un devir sen outro sentido nen valor que o do seu propio xogo tráxico, a natureza habería que concebila un proceso metamórfico que se comprende como o oposto a unha máquina que funciona mecánicamente. O home, para Nietzsche, debe ser un home para o que non exista xa o conflicto entre o sensíbel e o valioso, ou entre o aparente e o verdadeiro, porque ten asimilado o feito fundamental do nihilismo, que todo o mundo verdadeiro convertiuse en fábula.
O home do nihilismo afirmativo de Nietzsche é o que rachou coa angustia mortífera da relixión da metafísica. É o individuo capaz de pensar e de viver o movemento incesante e múltiple da vontade de poder. Únicamente el é o suficentemente forte para comprender a terríbel verdade do Eterno Retorno do Mesmo. Para Nietsche, todas as nosas relixións e filosofías non son máis que síntomas de saúde ou enfermedade dos nosos instintos, as ideas son exéxeses superficiais da fundamental relación do corpo co mundo: o espiritual é a linguaxe cifrada do corpo.
Fronte a unha moral kantiana baseada na universalidade da lei, Nietzsche ofrece unha moral baseada no gosto estético, introducindo unha analoxía entre acción moral e creación artística que ilumina o inmoralismo estético de Nietsche. Nietzsche di que a harte vale máis que a verdade, porque é o que nos permite aceptar a realidade cruel e contradictoria do mundo, chegando en axuda da nosa necesidade de vivir: Temos a harte para non perecer a causa da verdade. A traxedia sería, entón, o desenrolo mediante un xogo de transposición formal da superación do horror orixinario en virtude dun supremo esforzo cara á beleza, desplegado dende unha condición de forza e saúde desbordantes.
Gadamer
Para Gadamer a actividade humana fundamental é hermenéutica: reciber e crear sentido, conservalo, modificalo, sufrir-gozar co sentido. O diálogo hermenéutico coa tradición é a ocasión dunha fusión de horizontes de sentido (pasado e presente): emerxe un sentido novo, produto desta fusión.
No pensamento de Heidegger e Gadamer a hermenéutica deixa de ser unha simple metodoloxía e pasa a aludir a unha determinada cocepción ontolóxica da realidade. A hermenéutica non ten sentido como método, como simple e extrínseca vía de acceso á verdade, se non que ela mesma é o proceso en que se manifesta a verdade. A ontoloxía fundamental da existencia tería un carácter radicalmente hermenéutico. A sustancia de toda manifestación humana, de toda acción e de todo comportamento é comprender.

A hermenéutica é infinita: non hai no fondo da obra un núcleo de significación unívoco e obxetivo ao que a explicación hermenéutica aproximaríase para finalizar apoderándose del, como dunha verdade definitiva e allea ao devir temporal. O sentido da obra é inagotábel e non deixa de enriquecerse ao fío das súas interpretacións, alimentando lecturas sempre novas.
A relación do home co mundo é verbal e, en consecuencia, da orde da comprensión. As humanidades constituíronse como cencias da cultura ou da herdanza das tradicións reinterpretadas.
Chamamos comprensión, segundo Dilthey, ao proceso polo que coñecemos algo psísquico coa axuda de signos sensibeis que son a súa manifestación.
A concepción da lectura como unha reapropiación do sentido. Comprender unha obra equivale a apropiarse da perspectiva do mundo que contén e que se dá nela de maneira lingüísitica. Será unha fusión do horizonte ou mundo lingüístico do lector co horizonte ou mundo lingüístico da obra. Na resurrección do sentido do texto atópanse xa sempre implicadas as ideas propias do intérprete. Un tema accede á súa expresión non en calidade de cousa miña ou do seu autor, se non da cousa común a ambos. Ao interpretar un texto actualízase sempre unha proxección de sentido.

Concíbese a experiencia como un encontro con outra realidade, con algo capaz de realizar no suxeito unha transformación. Experiencia de verdade ou experiencia verdadeira sería un acontecer que transforma a concencia do suxeito, ensánchaa ou empobrécea, modifícaa ou a invirte.
Todo interpretar ten carácter dialóxico. Comprender é sempre un acontecer que modifica no transcurso tanto ao que interroga como ao interrogado e, o diálogo é propiamente a forma máis esencial de comprensión e autocomprensión. O diálogo non é tanto unha forma eficaz de persuasión ou de ensino, se non é o momento mesmo do descubrimento da verdade e do esforzo por entendernos cos demáis.
Ricoeur
Vattimo
Partindo de Nietzsche, Heidegger e Wittgenstein, Vattimo introduce a consigna do pensamento débil, partindo do recoñecemento da disolución da historia da metafísica e a situación da verdade nun horizonte débil e retórico, onde se experimenta o ser dende o extremo do seu ocaso e disolución.
Para el, a hermenéutica aparece como a linguaxe común da cultura de hoxe en día, porque todo se reduce a xogos de linguaxe e interpretación, e onde a heteroxeneidade do diferente triunfa sobre a identidade do universal.

Para Vattimo, o ser no seu declive é un ser mortal do que só queda a pegada, a lembranza piadosa. O pensamento débil non ten nada que ver cunha unha sensibilidade pesimista ou decadente, nen co ocaso de occidente ou cousas semellantes, pois vén sendo un discurso rigurosamente teórico que concerne ao modo de darse o ser na nosa experiencia.
Vattimo ten unha concepción «débil» da ética, no que os valores, as normas e os deberes carecen de forza. O sistema de valores que cada un profesa móstrase nun contexto de pluradidade, que acentúa a continxencia e caducidade dos mesmos. A nova experiencia dos valores faise consistir en experiencia estética e retórica, onde os conceitos clave da ética: verdade, valor, norma, deber e responsabilidade dilúense en pensamento débil e en hermenéutica que interpreta xogos de linguaxe.

A modernidade é, segundo Vattimo, a época de lexitimación metafísico-historicista, e a posmodernidade é a posta en cuestión de forma explícita de esta forma de lexitimización. Unha vez descuberto que todos os sistemas de valores non son se non producións humanas e cando, para Vattimo, son máis queridos porque son todo o que temos no mundo, a única densidade, espesor e riqueza da nosa experiencia: o único ser.