Idealismo Transcendental

A corrente fenomenolóxica, dende as súas orixes coas Investigacións Lóxicas de Husserl en 1900, ilustra o debate entre a filosofía e a cencia moderna. O fenomenólogo denuncia na actitude centífica lagoas, extravíos e abusos que se deben correxir. A insuficencias filosóficas da cencia son xerais, producindo un saber inseguro e carente de fundamentación, progresando con despreocupación e irreflexivamente, pois non lles inqueda a ausencia de fundamento nen o sesentido do seu desenrolo.

Baixo a forma da cencia moderna, o saber racional faise unilateral: non coñece máis que o obxeto, a natureza, a cantidade, esquecendo o suxeito e separándose del, da sensibilidade, do espíritu, do coñecemento e do mundo da vida. A crise de sentido, debido a que a cencia domina a civilización contemporánea, está cada vez máis separada do suxeito, fonte de todo sentido. A cencia parece así escindida da vida, da existencia.

O problema fenomenolóxico da crise da cencia consiste en volver a arraigar as cencias no mundo da vida.


Husserl

Para a Fenomenoloxía o fenómeno é a única verdadeira realidade: ser é aparecer. Considérase que a idea dunha realidade en sí obxetiva, inaccesíbel, fonte e explicación dos fenómenos é puramente mítica, unha ilusión que a concencia mantén. Unha das teses básicas da fenomenoloxía de Husserl é que o suxeito transcendental é quen constrúe ou constitúe o sentido dos fenómenos.

Trátase de abondoar unha inxenua e pasiva contemplación do mundo para non admitir máis que aquelo máximamente evidente, apodíctico e sometido ao control racional e experiencial do suxeito. É o afán da certidume absoluta, da fundamentación última de todo coñecemento. A fenomenoloxía empeza por unha Egoloxía autorresponsábel e crítica, non cofiada máis que en todo aquelo que de sí depende e pode someter ao seu control e verificación.

A fenomenoloxía é no seu comezo unha autocomprensión do ego filosofante, reducido ao feito da súa soidade radical. Atópase neste ponto o perigo do deslizamento cara o solipsismo cartesián e o enfoque idealista da fenomenoloxía.

A concencia que son presenta unha estrutura tal que a súa vivencia, coa que coincide, é inmediatamente accesíbel e cognoscíbel con toda certeza e con toda evidencia. No fenómeno coinciden ser e aparecer, pero a concencia ofrece a posibilidade de aprehender reflexivamente os fenómenos que constitúen a súa vivencia e elaborar así o saber teórico. A concencia é o espazo no que os fenómenos refléxanse, conceptualízanse e exprésanse. Por iso Husserl di: Volver ás cousas mesmas. As únicas cousas que nos son dadas de verdade son os fenómenos, a vivencia da concencia.

A concencia é sempre concencia de… É un apontar a, intención. Sempre é concencia de obxeto. O obxeto ao que aponta é á vez o que aparece, o que se dá, sendo o obxeto da concencia o fenómeno. A Fenomenoloxía privilexia unha modalidade da concencia intencional, a modalidade teórica, o apontar ao esencial e univeral. Husserl sostén que as estruturas esenciais da concencia son universais, identicas para todos os suxeitos pensantes, incluso cando no nivel de concencia práctica dos individuos exista a maior diversidade. É o saber destas estruturas o que a fenomenoloxía pretende desenrolar.

O mundo non é algo en-sí máis alá da miña representación, independente da miña concencia: pola contra o mundo constitúese como o hourizonte máximo omniabarcante da miña experiencia real e posíbel. Todo o sentido do mundo real radica en ser correlato da miña subxectividade, e non hai outro mundo que non sexa este que nos aparece dende a nosa intencionalidade. Non se pode pensar en nada máis alá do mundo dado.

A exclusividade coa que a segunda metade do século XIX deixouse determinar a visión enteira do mundo do home moderno polas cencias positivas e deixouse deslumbrar pola properidade feita posíbel por elas, significou paralelamente un desvío decisivo respeito das cuestión realmente decisivas dunha humanidade auténtica. Segundo Husserl, meras cencias de feitos fan meros homes de feitos.

Para Husserl non hai un eu se non está volcado sobre o mundo, pero non é o frío mundo mecánico da matemática cartesián, se non un mundo de sentido, un mundo vivido.

O ego leva dentro de sí aos outros como co-suxeitos: é o complexo problema da intersubxectividade husserliana. Mentres Descartes transcendía o cogito gracias ao recurso da veracitas Dei, Husserl transcenderá o ego polo alter ego, nunha filosofía da intersubxectividade.


Scheler

Scheler establece unha xerarquía de valores sobre o criterio de que os valores vinculados a persoas priman sobre os vinculados ás cousas. Define catro niveis axiolóxicos, tendo en conta o nivel de importancia de cara a ética vai ascendendo nivel a nivel:

  • No nivel máis baixo están os valores da sensibilidade e as súas formas de experimentar o agradábel e desagradábel.
  • Logo os valores vitais, como son o nobre e o vulgar.
  • Os valores captados polo sentimento espiritual: estéticos, éticos e culturais.
  • No nivel máis alto están os valores relixiosos, que xiran en torno a distinción de sagrado e profano.

Scheler coincide con Kant en adoptar unha posición transcendental, postulando un apriori como suporte da ética, e rexeitando o obxectivismo empirista. Para Scheler, este apriori é material e non formal, obxectivo e non subxectivo, concreto e non abstracto. Os valores son previos a que o suxeito os descubra mediante a intuición emocional. Segundo Scheler, existe un mundo extrasuxectivo de valores, con anterioridade a que a especulación filosófica interprete o mundo con ideas abstractas e a que o dereito regule as condutas mediante leis.