Filosofía Analítica

A característica máis específica do pensamento filosófico do século XX é a extraordinaria atención que se adica á cuestión da linguaxe. Soe pensarse que o interese filosófico pola linguaxe é un algo exclusivamente anglosaxón, pero realmente este tipo de foco tamén atópase en:

  • No Neopositivismo con orixe no contienente (Austria e Alemania).
  • A partir da segunda metade do século XX aparece en Alemania e Fracia os caso da fenomenóloxia e hermenéutica (segundo Heidegger, Gadamer e Ricoeur), o Estruturalismo (Lévi-Strauss e Lacan), a segunda escola de Frankfurt e a filosofía da acción comunicacional (Apel e Habermas), Merleau-Ponty, a gramaticoloxía de Derrida, as análises arqueolóxicas de Foucault, a Lóxica do Sentido de Deleuze, etc.

A interese na linguaxe dentro da filosofía pode entenderse por:

  • Posto que as cencias ocúpanse da descripción e explicación da realidade extralingüística, á filosofía non lle queda outra cousa que ocuparse da linguaxe.
  • O replegue dunha parte da filosofía sobre a linguaxe sería unha reacción á tecnocencia contemporánea. Ésta non é unha actitude logoteórica de representación verdadeira da realidade, se non unha empresa de transformación da realidade e de reestruturación radical da condición humana. A primacía do homo locuax desplazaríase en proveito do home faber.

A Filosofía Analítica é un cambio cara a temas preferentemente lóxicos e epistemolóxicos que aparece a principios do século XX en Inglaterra, sendo unha reacción ao movemento idealista británico de finais do século XIX.


Wittgenstein

Inicialmente Wittgenstein sostiña que só os enunciados formais da matemática, a lóxica e os enunciados das cencias empíricas poden ter pleno sentido. O resto de enunciados deben ser considerados como absurdos. Só os enunciados da cencia resultan verificabeis empíricamente. O criterio de todo sentido é a capacidade de verificación empírica.

Primeiramente para Wittgenstein, a proposición era a unidade de significado. É a teoría pictórica do coñecemento: unha proposición é unha representación da realidade, representa un estado de feitos ou situacións. Para el, os signos simples empregados en proposicións chámanse nomes. Un nome significa un obxecto. O obxecto é o seu significado.

Posteriormente, Wittgenstein concebiu que a linguaxe non reflexa o mundo nen ten como único obxectivo describer o mundo. Non é se non unha forma de conduta, con pluralidade de funcións: ordear, describer, informar, facer conxeturas, etc., cada unha delas pode describerse cun xogo de linguaxe. Neste momento pensa que o significado dunha palabra é o uso que da mesma faise na linguaxe. Toda a linguaxe consiste en multitude de xogos de linguaxe, e a linguaxe correcta é aquela que observa o recto uso das regras. Toda palabra ten sentido se é empregada no seu contexto.

O significado de toda proposición depende do seu uso. Nengunha das palabras ou frases que usamos ten un significado fixo, pois cambia segundo as situacións en que se usa. Tampouco ten unha vixencia permanente, pois desaparece nun momento determinado e dá lugar ao nacemento doutro significado. Wittgenstein denuncia a concepción de que a significación é unha relación que refire os elementos da linguaxe a elementos non verbais estabeis e que o home é capaz de aprehender, concepción na liña de Platón, Descartes, Husserl, Frege, Carnap ou cultivada polo sentido común. A significación non depende da referencia, nen menos aínda, é a referencia. O sentido dunha expresión depende por completo do seu uso, que eventualmente pode ser un uso referencial, que aponte a designar unha cousa ou un acontecimento extralingüístico.

O obxectivo da filosofia analítica é describer os diversos usos ou xogos da linguaxe. O pensamento non é máis que un uso monolóxico e silenzoso da linguaxe, que é fundamental e orixinariamente público, dialóxico e social.

Hai multitude de linguaxes que non teñen entre sí nada en común, nen se unen nunha liguaxe superior do que dependen, nen apuntan a unha realidade que tras el se oculta.

Hai que esquecer todo intento de xustificar esencias e realidades últimas mediante o establecimento dunha linguaxe centífica como pretendía o atomismo lóxico.

Wittgenstein insiste na impotencia da filosofía para transformar nada. A filosofía nen pode afectar á linguaxe que analiza, nen producir novas experiencias, nen pode explicar nada.

Wittgenstein concede especial relevancia ao que chama “o místico”. O místico non está alí onde transcenden os límites, se non que é a experiencia radical do mundo dentro dos seus límites. Formalízase a teoría schopenhaueriana do mundo como representación, o que significa que a relación mundo-representación xa non se pode transcender.


Ryle

Ryle ofrece unha análise sobre a linguaxe psicolóxica concretándose na distinción tradicional, cartesiana, entre o mental e o físico.

A diferenza de Wittgenstein, Ryle non fala de usos ou xogos lingüísticos, só de erros e confusións categoriais. A teoría dualista, o cartesianismo oficial ou como Ryle chama «o espíritu na máquina», ten a súa orixe en determinados erros categoriais. O dualismo cartesiano comete erros ao considerar que as palabras da linguaxe físico e as da linguaxe psíquico pertencen á mesma categoría.


Popper

Popper califica o seu talante filosófico como racionalismo crítico. Critica toda concepción que explique e xustifique o progreso centífico en base a unha operación de indución (producir verdades xerais, certas ou máis ou menos probabeis partindo da observación repetida de casos particulares).

Para Popper as teorías centífcas nunca son verificabeis empíricamente, o que hai que tomar como criterio de demarcación non é a verificabilidade se non a falsabilidade. Popper defende que debemos ter adhesión a unha teoría só cando non sea falsada ou refutada, e temos que ter a vontade constante de sometela á proba dos feitos e da discusión. Nunca debe unha teoría ser inmunizada por hipóteses ad hoc, que eviten o seu rexeitamento.

Popper utiliza nocións de problema e de teoría nun sentido moi elástico, que lle permite estar perto de concepcións como o neodarwinistmo ou o empirismo indutivo do lamarckismo. Deste xeito o desenrolo einsteniano insértase na prolongación da ameba.

A metafísica de Popper é unha metafísica non determinista no devir aberto, onde nunca hai nada definitivo e absoluto, pero onde todo é igualmente posíbel ou válido en calqueira sitio e en calqueira momento.


Filosofía da linguaxe cotián

O xiro lingüístico en filosofía promovido polo Tratactus de Wittgenstein, dirixido á búsqueda e constitución dunha linguaxe formal ideal rexido pola sintaxe lóxica, tivo fonda influencia no Círculo de Viena e na súa herdanza norteamericana (Quine, Goodman), e na escola de Cambridge (Moore, Russell, Wisdom). Tamén é o caso de Ryle, iniciador da Escola de Oxford. Pero a maior aportación á Escola de Oxford é o segundo Wittgenstein e a súa viraxe cara a linguaxe ordinaria e á pragmática, que se manifesta en Austin e o seu discípulo norteamericano Searle, xunto tamén con Strawson.