O advenimento da modernidade no Renacemento é un proceso histórico moi complexo que comprende conmocións económicas, sociais e políticas. A evolución das ideas está marcada por unha transformación profunda na representación do mundo. A modernidade clásica dista moito de presentar un rostro unitario e monótono, como se pode ver nas diferenzas dos grandes do racionalismo na era clásica: Descartes, Spinoza e Leibniz.
Racionalismo
Descartes
Descartes é considerado o pai da filosofía moderna. O motivo é que en el aparecen dous dos seus caracteres básicos: a teoría do coñecemento e a preocupación metodolóxica. Chegou á conclusión de que só as Matemáticas podían satisfacer a súa necesidade de verdade, e non as teorías metafísicas nen as disciplinas empíricas.
A razón mediante unhas regras concretas actúa por sí soa para alcanzar a verdade. As catro regras do método de Descarte son a evidencia, a análise, a síntese e a enumeración .

Spinoza
Spinoza propón alcanzar unha alegría constante e serea, unha madurez e plenitude persoais alonxado dos tópicos ao uso ou da mera erudición. O verdadeiro coñecemento, para Spinoza, tiña un alcance transformador ao servizo dunha excelencia vivida.
A filosofía spinoziana cíñese sen disimulos nen falsas ilusións á crudeza indiferente do curso natural das cousas. Suxire que a realidade é un campo de xogo neutral para a vida, inocente, exento de condicións ou sesgos previos. Insistía en que se debe aceptar a sorte que a un lle tocou viver en termos fisiolóxicos, intelectuais ou de contexto, por dura que sexa, pois obedece a unha inexorábel concatenación de causas e efectos que actúan por necesidade.
Fronte á realidade inocente, Spinoza combate os significados humanos, culturais e que a miudo nacen da debilidade intelectual e emocional do home, que cede á presión do medo e da esperanza, para buscar seguridade e consolo.

O ideal do sabio é o que ten confianza en sí mesmo e nas posibilidades dos outros, en contra do sentido dramático que concibe a existencia como unha agonía e da frivolidade que non se compromete coela. A diferenza da fragmentación da persoalidade que producen as paixóns, búscase un talante unitario dalguén nobre e sinceiro, contento coa vida que leva.
Leibniz
Empirismo
O empirismo inglés oponse ao racionalismo continental, particularmente ao francés, e tamén ao idealismo, en concreto ao idealismo alemán. O empirismo pretende extraelo todo da experiencia e polo tanto do exterior. O racionalismo busca todo na razón e a súa capacidade de introspección, de análise reflexivo e de dedución.
O tema esencial de reflexión filosófica non é a Natureza, nen Deus, nen a Sustancia, se non o ser humano. Finalmente a reflexión filosófica sobre o home identificarase en grande parte coa teoría do coñecemento.

Os empiristas ingleses atacan a noción de sustancia, a das ideas innatas e a intuición intelectual a priori da esencia das cousas. Locke reduce a noción de sustancia algo indeterminado que non podemos coñecer en sí.
Prodúcese históricamente no empirismo unha progresiva radicalización das conclusións da análise que pasa de Locke a Berkeley, e culmina en Hume.
Unha radicalización do pensamento de Locke é o radicalismo solipsista de Berkeley, negando a existencia de toda sustancia material do eu que percibe: polo tanto é un inmaterialismo. Esta posición non deixa de estar emparentada co idealismo, o fenomenalismo e a fenomenoloxía.
Co idealismo unha percepción aproxímase máis a unha idea ou a unha representación mental que a unha cousa material. O inmaterialismo é unha especia de idealismo que só recoñece como real o eu conscente coas súas representacións e estados mentais, para os cais non cabe distinguir entre fonte interna e fonte externa. O inmaterialismo recoñece o ser únicamente ao aparecer.
As leis da natureza nunca son seguras só son verdadeiras mentres os feitos non as desmentan. Serán sempre hipóteses de traballo e de acción, que terán que revisarse cando corresponda. Hai en Hume unha marcada tendencia ao escepticismo con doses de pragmatismo e certo desencanto respeito á actividade filosófica.

O empirismo está dentro dunha tendencia da filosofía inglesa que denuncia a metafísica como produto dun uso abusivo e insensato da linguaxe. Esta crítica culminará no século XX. En Locke e Berkeley atópase unha profunda desconfianza crítica respeito das palabras, da linguaxe verbal, fonte da enganosa seudoverdade e seudosaber. Esta desconfianza xa se aprecia en Bacon, no nominalismo medieval e está presente no desenrolo das prácticas centíficas modernas.

Berkeley
Segundo o radicalismo solipsista de Berkeley, o espazo e a materia que percibimos son realmente unha creación da concencia. Ésta é un obxecto no mundo que interactúa espacialmente cos outros obxetos do mundo, é o mundo mesmo dende un ponto de vista determinado. Ser é ser percibido.
A concencia do mundo non é un momento final nun proceso espacial, se non o requisito de todo pensamento e intuición sobre o espazo. O espazo non enxendra á concencia, se non que é a concencia quen enxendra o espazo.
Berkeley sostén un inmaterialismo negando a existencia de toda sustancia material independente do eu que a percibe.

O que denominamos realidade física ou sustancia material só existe na medida en que é pensado ou percibido de algún modo pola mente e tanto o carácter intelixíbel do universo como a súa propia realidade só se poden xustificar racionalmente polo feito de estar sendo en todo momento obxeto dunha actividade intelectual. Non pode haber un espazo absoluto e independente de calqueira mente.
Para Berkeley, percibir o mundo parécese a comprender ben un relato. Se buscáramos unha modalidade sensorial que servira de modelo á totalidade do coñecemento humano, non sería nen a vista ou o tacto os escollidos, se non o ouvido.
Hume
Hume inicia o movemento que leva ás modernas filosofías antimetafísicas. Con el o empirismo inglés alcanza a súa culminación doctrinal.
Para Hume, só o hábito do enlace constante das representacións atópase na base do conceito de espíritu. Incluso o eu é una feixe de representacións.
Para o mundo fenoménico non son válidas as deducións. As leis causais, segundo Hume, sendo empíricas e continxentes, non teñen a universalidade das leis lóxicas. Esas leis nunca son seguras, son verdadeiras mentres os feitos non as desmintan. Serán únicamente hipóteses de traballo e de acción suxeitas á revisión. Hume ten unha marcada tendencia ao escepticismo unido a un pragmatismo, e certo desencanto ante a actividade filosófica.

Hume chega a comparar á mente cun teatro, onde as diversas percepcións que fan aparición sucesivamente, pasan, volven pasar, esfúmanse, e mézclanse nunha infinita variedade de posturas e situacións.
Filosofía Transcendental
Kant
Kant pertence a un movemento de ideas humanistas e progresistas que afirmou e difundiu en toda Europa a fe na razón e a liberdade, e que en Alemania denominouse Ilustración.
Kant intenta rachar co racionalismo dogmático, pero evitando caer no exceso inverso: o empirismo escéptico. O modelo centífico co que soña Kant é a física newtoniana.

Kant define ao home como un ser de razón, vontade e sensibilidade. A razón é a facultade de producir e aplicar categorías, leis e principios xerais. Subsumir o particular baixo unha categoría ou un principio xeral é xuzgar. A razón é esta facultade de xuzgar que se expresa mediante proposicións nas que se atribúe un suxeito xeral a un predicado particular.
Kant pensa que o espíritu, en especial a razón, presenta estruturas ou formas idénticas para todos os indivíduos. Estas formas universais, necesarias e a priori aplícanse aos contidos do coñecemento que aporta a experiencia. O saber centífico composto polo conxunto de leis causais fúndase nas estruturas transcendentais a priori da razón cognitiva. Semellante cencia causal pode aspirar a unha verdadeira certeza no que respecta ao mundo fenomenal da experiencia. Queda así superado o empirismo escéptico de Hume.

Con Kant inagúrase unha maneira especialmente crítica de practicar a filosofía, que consiste en denunciar e pór fin ás ilusións, falsas apariencias enxendradas por unha maneira tradicional da actividade filosófica como é a metafísica. Posteriormente no século XX esta vía tivo moita repercusión con filósofos como Heidegger (destrución da metafísica), Derrida (deconstrución), Wittgenstein (disolución da metafísica).
Para Kant, a finalidade suprema da Razón non é o coñecemento dos fenómenos, se non o que debe ser por obra da liberdade. O interese superior da Razón non é teórico, se non práctico: de orientación da acción e dirección da vontade.