Psicoanálise

A diferencia na primacia de cada unha das tres dimensións do signo (o significante, o significado e o referido) marcan o pensamento de Freud, Jung e Lacan:

  • Freud, ainda que presta atención ás tres dimensións, dalle maior importancia ao referido. A realidade que se oculta tras os feitos psíquicos ou simbólicos é identificábel e explica eses feitos.
  • Jung privilexia o significado dos símbolos e o sentido dos procesos psíquicos.
  • Lacan privilexia o significante, infravalorando o sentido como un efecto e o referido como ilusorio ou inaccesíbel. Aínda que fundamentándose en Freud, Lacan dalle absoluta importancia ao linguaxe, baixo a forma do significante, ocupando todo o espazo e expulsando ao referido.

Freud

O pensamento de Freud pasa por dous grandes sistematizacións: a primeira e a segunda tópica. Na primeira tópica sostén que existen tres instancias psíquicas funcionais: concencia, preconscente e inconscente. Na segunda tópica distingue tres aparatos psíquicos principais: o ello, o ego e o superego.

Posteriormente, Freud fixo unha nova distinción no que a institución de toda sociedade fúndase en dous instintos principais: Eros (instinto de vida) e Tánatos (instinto de morte).

Freud introduce o conceito de pulsión, realidade biolóxico-psíquica á vez orgánica e simbólica. É un impulso ligado a unha carencia que trata de satisfacer, como a fame e o desexo sexual. É de orixe biolóxico pero ao buscar un obxecto para satisfacela, tamén se asocia á representación do obxeto.

O inconscente en Freud só coñece a regra do principio de pracer, a satisfacción inmediata e incodizoal. Pero como as pulsións reprimidas teñen denegada esta satisfacción, tratan de expresarse e satisfacerse dun xeito indirecto. Así nacen os sonos e fórmanse os síntomas neuróticos. O inconscente non respeta o principio de realidade (non ten en conta a realidade exterior do individuo), con todas as coercións e imposibilidades físicas e materiais que impón a realidade, só guiándose pola realidade interior do propio escenario do incoscente.

O ego conscente fórmase na interacción do ello e a realidade externa tal e como é percibida. A súa extensión e forza serán tanto maiores dependendo da parte do ello que se poda ter integrado. Un individuo é normalmente equilibrado cando é capaz de resolver todos os conflictos mediante un acto conscente e voluntario de elección reflexiva, e non mediante a represión, que supón un paso atrás do ego.

O superego é o resultado máis ou menos adaptativo da interiorización de reglas derivadas de xuizos anteriores esquecidos e que compón, como conxunto, unha moral colectiva, trasmitida entre xeracións. O seu funcionamento non implica toma de concencia algunha nen actividade de xuizo que requira a decisión do individuo. Pois, onde realmente recae a ética é no ego conscente, que retoma ou non a moral da que é un herdeiro.

O significado-referido é a pulsión sexual, denominada libido, que ten unha cara enerxético-biolóxica e outra psíquico-simbólica, e as súas transformación no curso da existencia do individuo. Ao saír da infancia a libido atopa a súa estruturación definitiva ao través do Complexo de Edipo, coñecendo distintos destinos de sublimación.


Jung

Para Jung existe un inconscente colectivo, ademáis do inconscente persoal, que contén as experiencias esquecidas ou reprimidas dende o comezo da existencia individual. Está estruturado con anterioridade a toda experiencia, innato e dotado de enerxía e de contidos significantes de alcance universal. Estas estruturas son chamadas arquetipos e exprésanse mediante símbolos, e son de natureza transcultural e suprahistórica, e constitúen o inconscente colectivo da humanidade.

Segundo Jung, a psique completa é muito máis ampla que o eu conscente, pero tamén máis ampla que o inconscente persoal. A integración da psique exixe a toma de concencia desta extensión mediante o traballo simbólico. Esta operación non está exenta de perigo, o eu corre o risco de verse capturado por un símbolo arquetípico concreto e finalizar extraviado.

Mediante o chamado por Jung proceso de individuación, un proceso de síntese máis que de análise, realízase un traballo simbólico que ten como finalidade conducir á integración máis completa e armoníosa posíbel da psique individual, pola asimilación progresiva das enerxías inconscentes, mediante unha interpretación correcta dos símbolos.


Lacan

Lacan alónxase sistemáticamente da retórica arcaica de Freud acerca do inconscente instintual e pulsional, das súas metáforas biolixistas e hidráulicas, afirmando incluso que, para o propio Freud a teoría dos instintos tiña un valor secundario fronte ao simbólico.

Para Lacan, o inconscente está estruturado como unha linguaxe. A estrutura perténcelle a esa linguaxe e só a esa linguaxe: non hai máis estrutura que a lingüísitica. Descubrir unha estrutura en calquera outro ámbito aparte da lingüística significará desvelar ou facer como se subxacera unha linguaxe, un discurso mediado por signos, nese ámbito.

Para Lacan, únicamente os humanos teñen un inconscente que fala. O inconscente é estrutural, e é a parte do discurso (concatenación simbólica complexa e mutábel que son eu), que se me ten escapado, sendo un discurso do Outro. O Outro é a organización simbólica independente da vontade conscente dos suxeitos parlantes).

Lacan distingue tres ordes de realidade:

  • A orde simbólica ou lingüística, que preexiste ao suxeito individual e segue existindo despois da súa desaparición. Xorde da interacción dos suxeitos, realmente da interacción dos significantes, dos que os suxeitos son contedores e intermediarios. O simbólico é o Outro. É independente do suxeito individual porque só existe intersubxectivamente, e porque é inconscente no propio suxeito. O suxeito é constituído como secundario respeito ao significante. O simbólico é a cadea dos significantes, e a realidade humana redúcese ao simbólico.
  • A orde do imaxinario. O imaxinario é o estado presimbólico no que o neno adquire identidade e unidade mediante a identificación cunha imaxe de sí mesmo (que é ofrecida en relación coa nai). O Edipo é a clave de acceso ao simbólico, sendo a porta de acceso ao simbólico que permite a superación da orde imaxinario.
  • A orde do real, que é radicalmente inaccesíbel, e a partir da súa perda e exclusión constitúese o simbólico e o imaxinario.

A inmanencia do ser humano ao simbólico é radical, sendo o home un ser simbólico. O significante nunca remite nen metonímica nen metafóricamente a nada que non sexa outro significante, producindo efectos enganosos no sentido e na referencia. O mundo dos signos funciona e non ten nengunha significación. É imposíbel satisfacer o desexo do home, só podendo recoñecelo como un desplazamento metonímico sen fin na orde simbólica.

O significante adquire en Lacan a primacía absoluta fronte ao significado: Só as correlacións do significante ao significante dan o patrón de toda búsqueda de significación. É na cadea de significante onde o sentido insiste, pero que nengún dos elementos da cadea consiste na significación da que é capaz no momento mismo. A noción dun deslizamento incesante do significado baixo o significante imponse.

Como estruturalista, afírmase a atonomía e incluso a autarquía da estrutura e téndese a reducir o sentido e a referencia a efectos das relacións entre significantes, efectos do conxunto desas relacións, ou sexa, da estrutura mesma. O significante, a estrutura, pasa a primeiro plano, mentres que o significado e o referido son secundarios e ilusorios, son falsas apariencias provocadas polos significantes e o xogo estrutural. O significante tan só ten sentido en relación con outro significante, e a linguaxe non está feito para designar as cousas (esa ilusión é estrutural na linguaxe humana). A realidade xa non aparece na orde simbólico estrutural máis que como ilusión, como un obxeto imposíbel ou inalcanzábel que o desexo pesigue, metonímicamente, de significante en significante.

En todo o proceso de xurdimento e creación do significado segue o estruturalismo a súa particular cruzada contra o suxeito, o lugar do suxeito quedou reducido a iso, a un lugar de non coincidencia consigo mesmo. O suxeito é servo da linguaxe até o ponto que non é se non é o froito da inserción nesta cadea significante que lle preexiste, aínda que non sexa máis que a título de portar un nome, o seu nome propio.

Se Copérnico arrebatoulle ao home o lugar privilexiado de ser o centro do universo, Freud quitaralle o lugar privilexiado de ser o dono e señor da linguaxe, unha linguaxe na que o suxeito está inscrito pero que en modo algún controla. O suxeito queda así maltreito nas súas pretensións de omnipotencia xa que obedece a unha constitución lingüística. O suxeito só ten lugar no espazo simbólico que determina a linguaxe e nel actúa como unha marioneta.

Lacan contempla o xurdimento do simbólico no Edipo, como o xurdimento dun terceiro, o pai, a Lei, entre a relación dual imaxinaria do fillo e a nai: esa orde simbólica da lei é formalmente idéntica á orde da linguaxe como o discurso do inconscente.